POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 abr 2014

DOR INCONDICIONAL / DOLOR INCONDICIONAL



(Imaxe baixada de internet)


Suspirou profundamente e recolleu dous cubertos do chan. Despois de aguantar o portazo de rigor, seguiu poñendo orde naquel campo de batalla dos luns. O dos sábados adoitaba ser o peor; tocaba saír de marcha e as demandas convertíanse en esixencias urxentes e irrevogables. De nada valían as explicacións dela, nin as súplicas, ou que o resto da semana non houbese para comer. El non facía caso, e non dubidaba en usar a forza para conseguir os seus obxectivos. Hoxe aínda lle faltaba a parte máis crúa da función diaria: chorar amargamente en segredo por este pobre fillo.






Suspiró profundamente y recogió dos cubiertos del suelo. Después de aguantar el portazo de rigor, siguió poniendo orden en aquel campo de batalla de los lunes. El de los sábados solía ser el peor; tocaba salir de marcha y las demandas se convertían en exigencias urgentes e irrevocables. De nada importaban las explicaciones de ella, ni las súplicas, o que el resto de la semana no hubiera para comer. Él no atendía a razones, y no dudaba en usar la fuerza para conseguir sus objetivos. Hoy todavía le faltaba la parte más cruda de la función diaria: llorar amargamente en secreto por este pobre hijo.

Relato creado para REC

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Outra para compensar: “Ámate más de lo que te mereces
y empieza de ese modo a merecerlo”. Aarón.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non está mal o pensamento filosófico ese, non...