POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 jun 2013

POR UN EURO



Corrín, corrín, saltei,
non me matei de milagre.
¡O dono viña detrás
cun vergallo!
Eu fóralle ás cereixas
¿ou ás ameixas?
Non  sei, ó que atopei.
O caso era ir, e rubir,
e coller, e correr...
¡Ai iso si!
Eu non quería
porque sabía
o que viría detrás:
o dono, despois meu pai...
Pero Manolo,
o máis grande da escola,
que ten ben pouca cachola,
ofreceume un euro
por un pucho de cereixas.
¿Ou de ameixas?
Non me acordo.


Corrí, corrí, salté,
no me maté de milagro.
¡El dueño venía detrás
con un palo!
Le había cogido cerezas
(Imaxe baixada de internet)
¿ o ciruelas?
No lo sé,  lo que encontré.
El caso era ir, y subir
y coger, y correr...
¡Ay eso sí!
Yo no quería,
porque sabía
lo que vendría detrás:
el dueño, después mi padre...
Pero Manolo,
el más grande de la escuela,
que tiene poca cabeza,
me había ofrecido un euro
por un gorro de cerezas.
¿O ciruelas?
No me acuerdo.


4 comentarios:

rascacheira dijo...

Ai, pobre Manolo! Os Manolos sempre as levaban!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pobre de que! Bo peixe era, que metía ó pobre compañeiro pequeno en apuros para o seu proveito.

carnota dijo...

Gústame a versión do pucho de cereixas e acórdome de Bernardino co vergallo detrás nosa por irlle ás cereixas no recreo da escola. Eu era pequena e pilloume e deume unha patada no cu. O peor de todo foi ese silencio temeroso de que o segredo escapase. Severino era un home moi serio e non debía enterarse...

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que tempos! Pero cala, muller, cala, non nos descubras... ;-)