1 oct 2012

CASTAÑAS / CHESTNUTS



(Imaxe baixada de internet)

Ourizos verdes
e verdes castiñeiros:
marrón futuro.





Erizos verdes,
y verdes los castaños:
marrón futuro.



The green echini
and the green chestnut trees
have a brown future.

7 comentarios:

  1. suaseiras3/10/12, 0:12

    Fíxome moita gracia, se chegas a poñer "futuro marrón" ;))

    Cousa extraña o froito éste.

    ResponderEliminar
  2. La naturaleza juega con los colores de una forma muy sabia.

    ResponderEliminar
  3. Ja ja ja. Non penses que non me pasou pola cabeza o de "futuro marrón", pero sobrábame unha sílaba... :-)

    Si, a natureza é sabia en moitas cousas, escollendo a paleta de cores, por exemplo. Pero ás veces tamén fai cada burrada...

    ResponderEliminar
  4. suaseiras9/10/12, 1:28

    Non entendo, que sílaba!?? Ou, ten retranca??

    ResponderEliminar
  5. Non, desta vez sen retranca. A ver se me explico: "marrón futuro" ten 5 sílabas, que son as que me conveñen para ese verso. Se poño "futuro marrón", como a última palabra é aguda, como a última sílaba é acentuada, segundo as leis da métrica teño que contar unha sílaba máis. Daquela saen 6.

    ResponderEliminar
  6. Rascacheira21/10/12, 21:21

    Eh... eh... que os haikus non suman nin restan... xa estamos con trampas??? Ai, ai, ai...

    ResponderEliminar
  7. Ai non, ¿e logo como se contan as 17 sílabas que presuntamente teñen que ter? Se non sumas nin restas nin contas nin nada, sae o que cadra. En xaponés, non se contará, claro, porque, para empezar, xa non teñen sílabas; pero como eu de xaponés sei pouquiño...

    ResponderEliminar