12 may 2012

NOVA REVOLUCIÓN /NUEVA REVOLUCIÓN


(Imaxe baixada de internet)
14 de xullo do 2.013. París é unha ola a presión. Numerosos batallóns de franceses e españois, autonomeados “Novos Revolucionarios do Terceiro Estado”, invaden a cidade, fartos de reprimir a fame de pan e xustiza. Armados ata os dentes con móbiles botando fume, buscan desaforados unha nova Bastilla onde simbolizar a súa furia. O Arco do Triunfo parece que será ó fin o elixido, vendo as riadas de indignados que o van rodeando. Presidente da república, altos cargos políticos de cores varias, financeiros sen escrúpulos e outros ladróns de guante branco, foxen aterrados. Sen dúbida, temen máis á nova máquina de matar cá antiga guillotina. Nos últimos meses, as redes sociais encargáronse de difundir o prototipo: unha afiada tarxeta bancaria en números vermellos. As autoridades europeas non souberon ou non quixeron ver a inminente ameaza. Hoxe ninguén dubida de que van en serio. 




(Imaxe baixada de internet)
14 de julio de 2.013. París es una olla a presión. Numerosos batallones de franceses y españoles, autonominados “Nuevos Revolucionarios del Tercer Estado”, invaden la ciudad, hartos de reprimir el hambre de pan y de justicia. Armados hasta los dientes con móviles echando humo, buscan desaforados una nueva Bastilla donde simbolizar su furia. El Arco del Triunfo parece que será al fin el elegido, viendo las riadas de indignados que lo van rodeando. Presidente de la república, altos cargos políticos de colores varios, financieros sin escrúpulos y otros ladrones de guante blanco, huyen despavoridos. Sin duda, temen más a la nueva máquina de matar que a la antigua guillotina. En los últimos meses, las redes sociales se encargaron de difundir el prototipo: una afilada tarjeta bancaria en números rojos. Las autoridades europeas no supieron o no quisieron ver la inminente amenaza. Hoy nadie duda de que van en serio.

5 comentarios:

  1. suaseiras13/5/12, 9:10

    Hala, hala...!! Por que na France??
    Non será polo Arco do Triunfo??
    Aquí, temos aínda na memoria a Grandola Vila Morena: o pobo é quen máis ordena dentro de ti...

    ResponderEliminar
  2. Vaiche parecer pouco romántica a razón de por que na France: porque o escribín para un concurso e as condicións eran esas...

    ResponderEliminar
  3. Ah,menos mal!!
    Que me gusta, eh?. Quen convocaba o concurso? Por curiosidade...

    E o resultado, gañaches!?

    ResponderEliminar
  4. Ya vi la propuesta del concurso cuando leí el que te premiaron, y me pareció la mar de difícil. Pero una vez más, ¡lo has conseguido!, tiene fuerza y originalidad. ¡Qué bien!

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas, Eutimos, es moi xenerosa en calificativos positivos.

    Suaseiras, éra un concurso semanal dun programa da radio. Non ganei porque xa ganara a semana anterior. ¡Hala! Non se consola o que non quere... Ja ja ja.

    ResponderEliminar