Pois aí vou: Fomos visitar os avós e avoas de Laraxe e de paso pois... os rapaces e rapazas do CL representáronlles unha obriña de teatro, contáronlles uns contos, recitaron poemas... e este haiku -tan apropiado para a ocasión- foi un, recitado por Brais -un encanto de rapaz de 4º ESO-. Houbo de todo: risas, choros, alegría, bo humor, recordos, conversas e ... ata baile e comida final! Como recordos deixamos, entre outros, un libriño de poesía escrito por Madoé. Alí quedou para a posteridade, porque pensamos voltar dentro de 20 anos e ler as lembranzas que alí deixamos no seu "Banco de recordos". Pois iso.
Muy pirómana estás, amiga. Cuidado, cuidado...
ResponderEliminarNon tanto... Foi unha encarga da amiga Rascacheira para unha actividade do club de lectura que dirixe. Que che explique ela cando lea isto.
ResponderEliminarCoa tradución ó castelán, parece que perde sentimento.
ResponderEliminarEstá xenial o haiku á galega.
Non teño maneira de facebukelealo sen comentarios...:(
Así que a ti tamén che gusta o lume... Ja ja ja.
ResponderEliminarSi, ás veces coas traducións pasa iso, sobre todo se é poesía e te empeñas en conservar a métrica.
Pois non teño idea de como podes facer co facebook, non controlo ese medio, xa sabes. Pero heino intentar, xa che contarei.
Pois aí vou:
ResponderEliminarFomos visitar os avós e avoas de Laraxe e de paso pois... os rapaces e rapazas do CL representáronlles unha obriña de teatro, contáronlles uns contos, recitaron poemas... e este haiku -tan apropiado para a ocasión- foi un, recitado por Brais -un encanto de rapaz de 4º ESO-. Houbo de todo: risas, choros, alegría, bo humor, recordos, conversas e ... ata baile e comida final!
Como recordos deixamos, entre outros, un libriño de poesía escrito por Madoé. Alí quedou para a posteridade, porque pensamos voltar dentro de 20 anos e ler as lembranzas que alí deixamos no seu "Banco de recordos".
Pois iso.