23 abr 2012

¿ONDE ESTARÁ? / ¿DÓNDE ESTARÁ?


Cando chegou, esquecera a misión encomendada. Quixo conectar cos seus e non lembraba a maneira de facelo. Aínda que non sabía a onde dirixirse, un impulso fíxoo poñerse en movemento. Avanzou coa esperanza de atopar resposta ó seu desacougo. Sen noción do tempo que ía pasando, dedicouse a observar abraiado o que aparecía diante del, sen que ninguén nin nada lle solucionara a súa desorientación. Non entendía por que todos fuxían espavorecidos. Empezou a notar sensacións descoñecidas para el, que tampouco sabía identificar ou nomear. Rendido, decidiu regresar ó seu planeta. Pero non logrou dar coa nave...


(Imaxe baixada de internet)

Cuando llegó, se había olvidado la misión encomendada. Quiso conectar con los suyos y no recordaba la manera de hacerlo. Aunque no sabía a dónde dirigirse, un impulso le hizo ponerse en movimiento. Siguió adelante con la esperanza de encontrar respuesta a su incertidumbre. Sin noción del tiempo que iba pasando, se dedicó a observar estupefacto lo que aparecía ante sí, sin que nada ni nadie le solucionara su desorientación. No entendía por qué todos huían despavoridos. Empezó a notar sensaciones desconocidas para él, que tampoco sabía identificar o nombrar. Rendido, decidió regresar a su planeta. Pero no logró encontrar la nave… 



7 comentarios:

  1. No es preciso ser de otro planeta para sentirse así de extraño. Ocurre a veces.

    ResponderEliminar
  2. Rascacheira28/4/12, 20:44

    O seu planeta podía estar neste, claro que sí.

    ResponderEliminar
  3. Rascacheira28/4/12, 20:45

    Unha cousa. As letras para comentar cada vez están máis difíciles de descifrar. Chegará un momento ...

    ResponderEliminar
  4. Pois o tema das letras de descifrar, non está nas miñas mans amañalo, non sei que se podería facer...

    ResponderEliminar
  5. Outro desubicado. Mal de moitos...

    ResponderEliminar
  6. suaseiras13/5/12, 4:08

    Un extraterrestre que tivo mala sorte no noso planeta. Está clarismo!!

    ResponderEliminar
  7. O que demostra que isto non o amaña nin un extraterrestre...

    ResponderEliminar