9 abr 2011

ENSALADA MIXTA

Carne e verdura:
agochado na folla
o caracol.

Carne y verdura:
escondido en una hoja
el caracol.

11 comentarios:

  1. Rascacheira9/4/11, 21:02

    Boísimo este haiku! Es a raíña da síntese, sempre cho dixen.

    ResponderEliminar
  2. Pois moi agradecida. A verdade é que me custou máis conseguir a imaxe co haiku. Humildemente, creo que este é dos poucos que se parecen a un haiku de verdade. Debe ser por iso polo que non está entre os meus fovoritos. :-)

    ResponderEliminar
  3. suaseiras15/4/11, 1:47

    E mais a lesma....!

    ResponderEliminar
  4. Cuantas cosas nuevas!
    Todas ellas bellas!
    Hacia algún tiempo que no me pasaba por aquí.
    Me gustaría preguntarte Madoé la dinámica de los Haikus,(si puede ser, es...curiosidad) soy una ignorante del tema, pero me encantan!!
    Me pasa como a Suaseiras, por cierto, biquiños para ella, me alegro que la grelada fuera un éxito.

    ResponderEliminar
  5. Nandina, vai unha breve explicación sobre o haiku por unha ignorante no tema coma min.

    En canto á forma:
    -poema de 17 sílabas que soen ir repartidas en 3 versos (5-7-5)
    -sen título
    -sen rima
    -substantivos abundantes e verbos escasos.
    -non son obrigatorios os signos de puntuación

    En canto ó contido:
    -simple descrición do que está ocorrendo aquí e agora
    -fotografía dun instante insignificante que se converte en transcendente
    -trata, sobre todo, da natureza, das estacións, do clima…
    -realidade puntual captada só polos sentidos, non polos sentimentos ou o razoamento do autor.
    -sen metáforas nin personificacións

    Exemplo de haiku (presuntamente)

    Campo de flores.
    A herba verde tapada
    por margaridas.

    Exemplos de NON haikus (certamente)

    Campo de flores.
    Margaridas fermosas
    humillan á herba.

    Campo de flores.
    ¡Xa pensei que non chegabas,
    primavera!

    Outro día falaremos dos tankas, por exemplo (5-7-5-7-7), bastante máis complicados.

    ResponderEliminar
  6. Moi curioso!!
    Realidade puntual captada polos sentidos, non polos sentimentos.
    Agora entendo un pouquiiiño mais
    os haikus.

    Moitas grazas Madoé, pola explicación
    preceptiva e polos haikus...non deixes de sorprendernos.

    ResponderEliminar
  7. De nada, de nada, é un pracer. Agora xa entenderás por que a maioría dos meus haikus á galega non son haikus. (Un segredo: fágoos así porque me gustan máis; cando se decate algún experto, ponme a caldo).

    ResponderEliminar
  8. suaseiras30/4/11, 1:30

    Anda, mira ti o tema dos haikus, algunha explicación tiñan, sin metáforas nin personificacións.
    E ti, creando variantes de un estilo, ten o seo mérito, eh!?.

    Grazas Nandina.

    ResponderEliminar
  9. Nandina prodígase pouco, pero non dá puntada sen fío...

    Sinto levarche a contra, Suaseiras, pero non ten moito mérito. O mérito é de quen me "obrigou" a facer haikus, e como os verdadeiros non tiñan moito que ver co meu "estilo"..., leveinos ó meu terreo, así, pola cara...

    ResponderEliminar
  10. suaseiras2/5/11, 1:33

    Non quero sacarlle mérito a ninguén (por favor) pero, quen se tirou á piscina foches ti...ou!?.

    ResponderEliminar
  11. Máis ben, caín. Empurráronme...Menos mal que non estaba baleira de todo, e aí sigo, patuxando...

    ResponderEliminar