20 oct 2024

ESTA NOITE NON DURMO / ESTA NOCHE NO DUERMO

 

Imaxe de internet (editada)

Hai varias noites que soño coa mesma historia absurda: atópome diante dunha longa barra de cafetería ateigada de persoas grises, anódinas, sen rostros significativos. Un arlequín destaca entre elas, pegado a min, sempre rozando lixeiramente o meu brazo esquerdo; mira indiferente cara ó outro lado, impedíndome ver a súa cara, que imaxino pintada de pallaso. Desprende un aroma intenso; resúltame familiar, pero non logro identificalo. A sensación frustrante de non poder recoñecelo ou miralo ós ollos incomódame excesivamente, e intento chamar a súa atención facendo ruído coa miña cunca de café. Xusto nese momento, esperto, desacougada. Tardo horas en poder esquecer a imaxe, potente, aínda que en branco e negro. Non me apetece contarllo a ninguén, nin ó marido.

Hoxe, a carón do meu pixama debaixo da almofada, atopei un traxe de rombos con gorro a xogo que nunca antes vira na casa. Conseguiu quitarme a respiración. E o sono.


Hace varias noches que sueño con la misma historia absurda: me encuentro ante una larga barra de cafetería atestada de personas grises, anodinas, sin rostros significativos. Un arlequín destaca entre ellas, pegado a mí, siempre rozando ligeramente mi brazo izquierdo; mira indiferente hacia el otro lado, impidiéndome ver su cara, que imagino pintada de payaso. Desprende un aroma intenso; me resulta familiar, pero no logro identificarlo. La sensación frustrante de no poder reconocerlo o mirarlo a los ojos me incomoda sobremanera, e intento llamar su atención haciendo ruido con mi taza de café. Justo en ese momento, me despierto, desasosegada. Tardo horas en poder olvidar la imagen, potente, aunque en blanco y negro. No me apetece contárselo a nadie, ni al marido.

Hoy, junto a mi pijama bajo la almohada, encontré un traje de rombos con gorro a juego que nunca antes había visto en casa. Ha conseguido quitarme la respiración. Y el sueño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario