26 ago 2023

CRIATURIÑA / CRIATURITA


(Imaxe procedente de internet)

Devecía polos seus ollos, pero non atopou un lapis afiado para picarllos. Contrariado, arrincoulle o cabelo; esfarrapou a súa roupa; conseguiu dislocarlle un brazo… Despois lanzouna ó lixo. Iso si, o neno preguntou primeiro á nai cal era o caldeiro das bonecas rotas.




Se moría por sus ojos, pero no encontró un lápiz afilado para pinchárselos. Contrariado, le arrancó el cabello; hizo trizas su ropa; consiguió dislocarle un brazo… Luego la arrojó a la basura. Eso sí, el niño preguntó primero a la madre cuál era el cubo de las muñecas rotas.



19 ago 2023

A DEFENSA / LA DEFENSA

 

Non podía deixar de chorar. O xuíz suplicáballe que se calmase, pero era inútil. A fiscal detallara o horror dos feitos; o letrado da acusación relataba os episodios máis escabrosos do infanticidio. A acusada confesa seguía salaiando mentres miraba de esguello ó seu avogado, en espera de que este lle dese a orde de desmaiarse.


(Imaxe procedente de internet)


No podía dejar de llorar. El juez le suplicaba que se calmase, pero era inútil. La fiscal había detallado el horror de los hechos; el letrado de la acusación relataba los episodios más escabrosos del infanticidio. La acusada confesa seguía sollozando mientras miraba de reojo a su abogado, en espera de que este le ordenara desmayarse.


15 ago 2023

DEDICATORIA


Ó meu esposo, porque sen el todo sería diferente. 

Ós meus veciños, por mirar sempre cara ó outro lado.

Ós fillos que nunca tiven, grazas a Deus. 

Ós meus pais, porque me fixeron o favor de irse antes para que puidese suicidarme sen remordementos.


(Imaxe procedente de internet)


A mi esposo, porque sin él todo habría sido diferente. 

A mis vecinos, por mirar siempre hacia otro lado. 

A los hijos que nunca tuve, gracias a Dios. 

A mis padres, por haberme hecho el favor de irse antes para que pudiera suicidarme sin remordimientos.