1 ago 2019

BALCONADAS



Como ganador do último certame de pintura, propóñenme que forme parte do xurado da convocatoria actual. Acepto encantado, sobre todo pola satisfacción de retornar a Betanzos. Cada verán, o centro histórico da acolledora cidade convértese durante cinco ou seis semanas en pinacoteca ó aire libre; dos seus balcóns penden verdadeiras xoias con formidables dimensións, sen marco nin bastidor, para gozo regalado de veciños e visitantes.

Despois de tres días na localidade e de varios paseos polas rúas engalanadas con pinturas ó vento, os meus principios obríganme a comunicar á entidade organizadora que, por motivos persoais, debo deixalo. Marcho, fuxo quizais. A razón é que non consigo observar as obras coa atención debida: os meus pés e os meus ollos diríxense sempre ó mesmo punto, o balcón do lenzo número 11, no que ondeou o meu; pero eu só percibo unha muller asomada e un intenso ulido a mar.

Ó cabo dun mes, non sei se por erro ou deferencia, recibo un correo: “De maneira inexplicable, desapareceu a pintura número 11, favorita do público e do xurado polo seu realismo extremo. Prorrógase a exposición mentres tratamos de restituíla.”


(Imaxe procedente de internet)



Como ganador del último certamen de pintura, me proponen que forme parte del jurado de la convocatoria actual.  Acepto encantado, sobre todo por la satisfacción de regresar a Betanzos. Cada verano, el casco histórico de la acogedora ciudad se convierte durante cinco o seis semanas en pinacoteca al aire libre; de sus balcones penden verdaderas joyas con formidables dimensiones, sin marco ni bastidor, para disfrute regalado de vecinos y visitantes.

Después de tres días en la localidad y de varios paseos por las calles engalanadas con pinturas al viento, mis principios me obligan a comunicar a la entidad organizadora que, por motivos personales, debo dejarlo. Marcho, huyo quizás. La razón es que no consigo observar las obras con la atención debida: mis pies y mis ojos se dirigen siempre al mismo punto, en cuyo balcón ondeó mi lienzo y ahora lo hace el número 11; pero yo solo percibo una mujer asomada y un intenso olor a mar.

Al cabo de un mes, no sé si por error o deferencia, recibo un correo: “De manera inexplicable, ha desaparecido la pintura número 11, favorita del público y del jurado por su realismo extremo. Se prorroga la exposición mientras tratamos de restituirla.”




No hay comentarios:

Publicar un comentario