8 feb 2017

DESPROPORCIÓNS / DESPROPORCIONES


Estudei arreo para non perder a beca. Fun a número un da miña promoción co único propósito  de saciar o seu orgullo. Grazas ó brillante expediente académico, conseguín un traballo como investigadora. No estranxeiro, claro. A crise serviume de coartada. A cambio, tiven que aceptar unha condición: a miña nai emigraría comigo. Rebeleime; fixen referencia ós dereitos que me outorgaban a maioría de idade e a independencia económica; finxín a maior das pateaduras… Nada. Meu pai, coma sempre, inflexible. ¡¡Ben!!

Ela, que nunca saíra de casa, consentiu sen dar chío para que eu, a súa nena, non andase soa polo mundo adiante. Síntome satisfeita de tan importante obxectivo cumprido: romper as ataduras invisibles que lle impedían respirar lonxe dun marido absorbente. Pero fáltame o máis difícil. Achégase decembro e non atopo o momento nin a forma de dicirlle que non estamos en Alaska. Temo a súa reacción cando se decate de que en Marte non hai turrón.
 
      (Imaxe procedente de internet)
 Estudié a destajo para no perder la beca. Fui la número uno de mi promoción con el único propósito  de saciar su orgullo. Gracias al brillante expediente académico, conseguí un trabajo como investigadora. En el extranjero, claro. La crisis me sirvió de coartada. A cambio, tuve que aceptar una condición: mi madre emigraría conmigo. Me rebelé; hice referencia a los derechos que me otorgaban la mayoría de edad y la independencia económica; fingí el mayor de los pataleos… Nada. Mi padre, como siempre, inflexible. ¡¡Bien!!

Ella, que nunca había salido de casa, consintió sin rechistar para que yo, su niña, no anduviera sola por el mundo adelante. Me siento satisfecha de tan importante objetivo cumplido: romper las ataduras invisibles que le impedían respirar lejos de un marido absorbente. Pero me falta lo más difícil. Se acerca diciembre y no encuentro el momento ni la forma de decirle que no estamos en Alaska. Temo su reacción cuando se entere de que en Marte no hay turrón.

                                                                                        Creado para ENTC

No hay comentarios:

Publicar un comentario