POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 jul 2016

OUTRO CRISTO / OTRO CRISTO



Tíñase por Deus. Desde que as compañeiras do instituto empezaron a pelexar entre elas polos seus dotes extraordinarios. Seguro como estaba de que a sabedoría lle era innata, pronto deixou de cultivar o intelecto e concentrouse en adestrar outras capacidades divinas mirando a todo o mundo desde arriba. Na procura daquela actividade que verdadeiramente estivese á altura das súas gallardas proporcións e o fixese sentir no ceo, chegou a ser atleta, modelo, culturista… Pero quixo dar un paso máis no seu afán por demostrar a deidade que levaba dentro: fíxose vixiante da praia; ó fin, adoraríano como merecía cada vez que salvase unha persoa.

Disque onte á tardiña, cando apenas quedaba unha ducia de bañistas na costa, vírono camiñando con decisión sobre as ondas do mar de Finisterra. Aínda o seguen buscando.





(Imaxe procedente de internet)
Se creía Dios. Desde que las compañeras del instituto empezaron a pelearse por sus dotes extraordinarias. Seguro como estaba de que la sabiduría le era innata, pronto dejó de cultivar el intelecto y se concentró en entrenar otras capacidades divinas mirando a todo el mundo desde arriba. En busca de aquella actividad que verdaderamente estuviera a la altura de sus gallardas proporciones y lo hiciera sentirse en el cielo, llegó a ser atleta, modelo, culturista… Pero quiso dar un paso más en su afán por demostrar la deidad que llevaba dentro: se hizo vigilante de la playa; al fin, lo adorarían como se merecía cada vez que salvara a una persona.


Dicen que ayer al atardecer, cuando apenas quedaba una docena de bañistas en la costa, lo vieron caminando con decisión sobre las olas del mar de Finisterre. Todavía lo siguen buscando.


Creado para ENTC