POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 jul 2015

HISTORIA DE NAI / HISTORIA DE MADRE


Cumpridos os dezasete, a María mandárona a servir. O fillo dos patróns, aínda que xa tiña moza, celebrou a súa chegada. Pronto houbo que casalo, antes de que o embarazo da prometida se notase. Entre os convidados, un capricho do noivo: María. Á mañá seguinte, esta regresou á aldea, co pretexto de coidar un pai enfermo. Alí ocultou o seu segredo, ata que os choros do recén nacido difundiron a vergonza. Co fillo colgado do peito, fuxiu dos desprezos buscando respecto e xornal. Para cando chegasen as preguntas do neno, levaba preparado un fermoso conto.




MADRE E HIJO, de Paula Modersohn-Becker (Internet)
Cumplidos los diecisiete, a María la mandaron a servir. El hijo de los patrones, aunque ya estaba ennoviado, festejó su llegada. Pronto hubo que casarlo, antes de que el embarazo de la prometida se notara. Entre los invitados, un capricho del novio: María. A la mañana siguiente, ésta regresó al pueblo, con el pretexto de cuidar un padre enfermo. Allí ocultó su secreto, hasta que el llanto del recién nacido difundió la vergüenza. Con el hijo colgado del pecho, huyó de los desprecios buscando respeto y jornal. Para cuando llegaran las preguntas del niño, llevaba preparado un hermoso cuento.



                                                           Inspirado en "Juan Charrasqueado" para RCBS

26 jul 2015

¡POR FIN!


(Imaxe baixada de internet)

Fóra de contas.
          A nube vai parir,
                    xa non aguanta.






                    Fuera de cuentas.
          La nube parirá,
no aguanta más.






22 jul 2015

MISIÓN ENCOMIABLE


O seu comportamento estraño e un aspecto físico peculiar impídenlle pasar desapercibido por máis que se esforce. Sentirse tan observado engade dificultade ao seu labor, xa de por si complexo. Mais a reacción da xente está xustificada porque leva varios meses na zona e aínda non o viron nunha celebración, no centro de saúde ou na tenda. Nin sequera falaron con el. Saúda a todo o mundo con amplo sorriso e xestos amables, pero non sae unha palabra da súa boca. Só saben que pasa a noite na casa grande abandonada. Descoñecen cal é a súa profesión, e isto é o que produce maior desconfianza na vila. Chegaron a especular coa posibilidade de que fose un terrorista ou un fuxitivo. Mesmo se organizaron para vixialo polas noites, sen éxito ningún: a súa vivenda permanece sempre en silencio absoluto e ás escuras. Cada día, abandona a casa cedo e desaparece andando; á noitiña, regresa aparentemente cansado.

(Imaxe baixada de internet)
Están moi lonxe de imaxinar que traballa para eles; que alí seguirá ata a consecución do obxectivo: o deseño dun canón granífugo eficaz. A non ser que descubran antes o seu ovni camuflado no bosque...




Su comportamiento extraño y un aspecto físico peculiar le impiden pasar desapercibido por más que se esfuerce. Sentirse tan observado añade dificultad a su cometido, ya de por sí complejo. Mas la reacción de la gente está justificada porque lleva varios meses en la zona y todavía no lo han visto en una celebración, en el centro de salud o en la tienda. Ni siquiera han hablado con él. Saluda a todo el mundo con amplia sonrisa y gestos amables, pero una palabra no sale de su boca. Sólo saben que pernocta en la casona abandonada. Desconocen cuál es su profesión, y esto es lo que produce mayor desconfianza en el pueblo. Han llegado a especular con la posibilidad de que fuera un terrorista o un fugitivo. Incluso se han organizado para vigilarlo por las noches, sin éxito alguno: su vivienda permanece siempre en silencio absoluto y a oscuras. Cada día, abandona la casa temprano y desaparece andando; al anochecer, regresa aparentemente cansado.

Están muy lejos de imaginar que trabaja para ellos; que allí seguirá hasta la consecución del objetivo: el diseño de un cañón granífugo eficaz. A no ser que descubran antes su ovni camuflado en el bosque…
                                                                                                           
                                                                                                   Creado para ENTC                                                                                                                                                                                                                                                                        

19 jul 2015

O VIOLADOR DO PICO / EL VIOLADOR DEL PICO


Andan dicindo as malas linguas que no Pico Sacro, desde hai uns meses, habita un mal bicho, un monstro que rouba mozas novas nos arredores das discotecas da zona. Despois de abusar delas nunha cova do devandito monte, disque as deixa abandonadas en calquera lugar. ¡Non hai cousa que máis me rebente cós dixomedíxomes! Si, é certo que as levo á entrada dunha gruta porque alí teño todo o material necesario, ao enxoito, e tamén para que poidan berrar a gusto sen ter que amordazalas. Pero non as forzo, non lles fago dano ningún, se ata uso guantes de quirófano e todo… Tampouco é verdade que as deixe tiradas por aí; bo traballo me dá achegalas o máis  posible ás súas casas, arriscándome en exceso. Porque a xente é moi mal pensada; se me descubrisen, non ían entender as miñas explicacións. Eu son un home serio, só me move un interese estritamente profesional: debo preservar a miña dilatada sona de cirurxián destacado. Por iso preciso con urxencia un hime intacto, para un transplante. Tan pronto como o logre, acabouse o conto.


(Imaxe baixada de internet)

Andan diciendo las malas lenguas que en el Pico Sacro, desde hace unos meses, habita un mal bicho, un monstruo que roba muchachas jóvenes en los alrededores de las discotecas de la zona. Después de abusar de ellas en una cueva de dicho monte, por lo visto, las deja abandonadas en cualquier lugar. ¡No hay cosa que más me reviente que las habladurías! Sí, es cierto que las llevo a la entrada de una gruta porque allí tengo resguardado todo el material necesario; también para que puedan gritar a gusto sin tener que amordazarlas. Pero no las fuerzo, no les hago daño alguno, si hasta uso guantes de quirófano y todo... Tampoco es verdad que las deje tiradas por ahí; buen trabajo me da acercarlas lo más posible a sus casas, arriesgándome en exceso. Porque la gente es muy mal pensada; si me descubrieran, no entenderían mis explicaciones. Yo soy un hombre serio, sólo me mueve un interés estrictamente profesional: debo preservar mi dilatada fama de cirujano destacado. Por eso necesito con urgencia un himen intacto, para un trasplante. Tan pronto como lo consiga, se acabó la historia.
                                                                                               
                                                                                                         Creado para ENTC

13 jul 2015

PULGA MALAPATA


(Imaxe baixada de internet)




Cando atopou can, xa non quedaban prazas libres. 







Cuando encontró perro, ya no quedaban plazas libres.



11 jul 2015

PÓSIT





Fillo, por se ó final decides virme ver, tes friame e iogures na neveira, ¡pero mira que non estean caducados! Non entres no meu cuarto, que aínda que deixei o ambientador enchufado, non vai ser suficiente. ¡Ah!, acórdate de chamar a pompas antes de marchares. 





Hijo, por si al final decides venir a verme, tienes fiambre y yogures en la nevera, ¡pero mira que no estén caducados! No entres en mi cuarto, que aunque he dejado el ambientador enchufado, no va a ser suficiente. ¡Ah!, acuérdate de llamar a pompas antes de irte.



9 jul 2015

¡DE PUTA MADRE!


(Imaxe baixada de internet)



Non había calefacción nin cea quente. Á pobre mamá tocáballe improvisar outra vez, e sacou da manga o xogo do tremor: o que máis tremelicase, sería o campión. Os pequenos acabaron durmindo de rendidos. Ela aproveitou para saír a ganar a vida. 






No había calefacción ni cena caliente. A la pobre mamá le tocaba improvisar otra vez, y se sacó de la manga el juego del tembleque: el que más tiritara, sería el campeón. Los pequeños acabaron durmiendo de rendidos. Ella aprovechó para salir a buscarse la vida.



4 jul 2015

INSTINTO BÁSICO


Ó lado da nosa casa hai unha pequena fraga. O meu Pepe era tolo polo monte. Non, minto, o que verdadeiramente lle gustaba era cazar. Sobre todo, paxaros. Pasaba horas e horas entre a espesura perseguindo bichos voadores. Case sempre chegaba con algún, malferido e medio desplumado. Satisfeito da súa fazaña, reclamaba a comida, antes de botarse a durmir o resto do día. Eu aproveitaba a súa modorra para desfacerme da presa. Só unha vez trouxo un cazapo, aínda algo vivo. Bo traballo me custou impedir que o rematase diante dos meus fociños. Apresureime a devolvelo ao bosque en contra da súa vontade, que era, sen dúbida, a de zampalo.

Pero os anos non pasan en balde e Pepe empezou a perder facultades. A vista e a axilidade diminuídas obrigáronlle a esquecerse de aves ou coellos e concentrar a súa afección persecutoria en obxectivos máis simples.

Ata que unha noite, non regresou ó fogar. Preocupada, saín na súa busca. Pouco tardei en atopalo: agonizaba na cuneta cun golpe de coche na cabeza e un rato entre as poutas. 


                                        (Imaxe baixada de internet)


Al lado de nuestra casa hay un pequeño bosque. Mi Pepe era loco por el monte. No, miento, lo que verdaderamente le gustaba era cazar. Sobre todo, pájaros. Se pasaba horas y horas entre la espesura persiguiendo bichos voladores. Casi siempre llegaba con alguno, malherido y medio desplumado. Satisfecho de su hazaña, reclamaba la comida, antes de echarse a dormir el resto del día. Yo aprovechaba su modorra para deshacerme de la presa. Sólo una vez me trajo un gazapo, todavía algo vivo. Buen trabajo me costó impedir que lo rematara delante de mis narices. Me apresuré a devolverlo al bosque en contra de su voluntad, que era, sin duda, la de zampárselo. 

Pero los años no pasan en balde y Pepe empezó a perder facultades. La vista y la agilidad venidas a menos le obligaron a olvidarse de aves o conejos y concentrar su afición persecutoria en objetivos más simples. 

Hasta que una noche, no regresó al hogar. Preocupada, salí en su busca. Poco tardé en encontrarlo: agonizaba en la cuneta con un golpe de coche en la cabeza y un ratón entre las garras.