POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 jun 2015

TESÓN



(Imaxe baixada de internet)
Trala vidreira,
un paxaro tenaz
pica que pica.









Tras la vidriera,
un pájaro tenaz
pica que pica.




22 jun 2015

OUTRA PERSPECTIVA / OTRA PERSPECTIVA






(Imaxe baixada de internet)
Aquel ser diminuto que golpeaba a lente dende o outro lado e que aparecía sempre cando levaba unha hora pegado ao telescopio, acabou irritándome. Primeiro pensei que eran alucinacións, froito do esgotamento visual. Pero os golpes, con ritmo diferente cada día, facían descartar visións ou acúfenos. Chegou a desconcentrarme tanto, que pensei en abandonar a miña devoción pola astronomía.

Onte fíxenlle unha trampa: coloquei un manequín no meu lugar habitual fronte ao aparato e instaleime estratexicamente, acompañado duns prismáticos. Xusto aos 60 minutos, apareceu o intruso petando coma sempre, esta vez ao compás dunha muiñeira, no obxectivo dos meus binoculares.





Aquel ser diminuto que golpeaba la lente desde el otro lado y que aparecía siempre cuando llevaba una hora pegado al telescopio, acabó irritándome. Primero pensé que eran alucinaciones, fruto del agotamiento visual. Pero los topetazos, con ritmo diferente cada día, hacían descartar visiones o acúfenos. Llegó a desconcentrarme tanto, que pensé en abandonar mi devoción por la astronomía.

Ayer le hice una trampa: coloqué un maniquí en mi lugar habitual frente al aparato y me instalé estratégicamente, acompañado de unos prismáticos. Justo a los 60 minutos, apareció el intruso golpeando como siempre, esta vez al compás de una muiñeira, en el objetivo de mis binoculares.

                                                                                                                                        Creado  para REC



20 jun 2015

EMPRENDEDOR CON FUTURO


(Imaxe baixada de internet)


Desbaratada a especulación inmobiliaria, lonxe de renderse, creou unha nova empresa: compravenda de esperanzas de segunda man.







Desbaratada la especulación inmobiliaria, lejos de rendirse, creó una nueva empresa: compraventa de esperanzas de segunda mano. 



16 jun 2015

DESPARELLA FELIZ / DESPAREJA FELIZ


                       (Imaxe baixada de internet)


Descoñecéronse por internet. Concertaron unha cita nun bar para descoñecerse máis a fondo. Convencidos de que entre os dous xa só había dúbidas, decidiron casar. Pero cada día que pasa, saben menos un do outro. Mesmo están pensando en namorarse un día destes.




Se desconocieron por internet. Concertaron una cita en un bar para desconocerse más a fondo. Convencidos de que entre los dos ya solo había dudas, decidieron casarse. Pero cada día que pasa, saben menos el uno del otro. Incluso están pensando en enamorarse un día de estos.



15 jun 2015

MANOBRAS / MANIOBRAS


Volvín enfocar a súa figura uniformada na mira do rifle e accionei o gatillo por enésima vez. Exciteime imaxinándoa tombada o día que, por fin, sexa capaz de disparar coa recámara cargada.



(Imaxe baixada de internet)




Volví a enfocar su figura uniformada en la mirilla del rifle y accioné el gatillo por enésima vez. Me excité imaginándola tumbada el día que, al fin, sea capaz de disparar con la recámara cargada.

                                                                                          
                                                             Creado  para REC

8 jun 2015

DE VOLTA / DE VUELTA


(Imaxe baixada de internet)


Saíu, sixilosa, a estirar as pernas. Tanto tempo inmóbil, na mesma postura, non podía ser bo. Era a súa primeira vez e sorprendeuse ó ver o ambiente que había fóra. Lembrou con morriña a hora do cigarro no traballo pouco tempo atrás. Pero aquí, polo visto, ninguén fumaba. Non puido soportalo e regresou voando ao nicho.






Salió, sigilosa, a estirar las piernas. Tanto tiempo inmóvil, en la misma postura, no podía ser bueno. Era su primera vez y le sorprendió el ambiente que había fuera. Recordó con morriña la hora del pitillo en el trabajo poco tiempo atrás. Pero aquí, por lo visto, nadie fumaba. No pudo soportarlo y regresó volando al nicho.

                                                                                                                               Creado  para REC

7 jun 2015

TRIGAL



(Imaxe baixada de internet)


Papoulas murchas:
indicios dunha cama
no trigal verde.




Las amapolas,
testigos de una cama
en el trigal.





1 jun 2015

DA BAIXA IDADE MEDIA / DE LA BAJA EDAD MEDIA


                                    (Imaxe baixada de internet)


A Inquisición non tardará en chegar. As meigas xa deberían estar no seu sitio, que hai moitas e despois é unha leria. Non vexo os leprosos. Vale, son desagradables e fan ben ó agacharse, pero tanto... Algúns herexes están pedindo látego. Encántame isto, gozo máis có verdugo. Mais espero que non se alongue moito porque estou esgotada; ás dúas da mañá, aínda non acabara de dar puntadas ao traxe da raíña Isabel, mentres ela durmía a perna solta. Aí veñen as autoridades. ¡E as cámaras de televisión! Este ano saímos nos informativos. ¡Veña, raparigos, a lucir eses disfraces! 




La Inquisición no tardará en llegar. Las brujas ya deberían estar en su sitio, que hay muchísimas y después es un lío. No veo a los leprosos. Vale, son desagradables y hacen bien en esconderse, pero tanto… Algunos herejes están pidiendo látigo. Me encanta esto, disfruto más que el verdugo. Aunque espero que no se alargue demasiado porque estoy agotada; a las dos de la mañana, aún no había acabado de dar puntadas al traje de la reina Isabel, mientras ella dormía a pierna suelta. Ahí vienen las autoridades. ¡Y las cámaras de televisión! Este año salimos en los informativos. ¡Venga, chicos, a lucir esos disfraces!

                                                                                                                Creado  para REC