10 dic 2014

TITANICFOBIA


(Imaxe baixada de internet)
Non volveu subir a un barco; nin sequera a unha lancha de pedais. En realidade, nunca máis foi capaz de achegarse ó mar. Ata se borrou da piscina municipal. Incluso está pensando en cambiar a bañeira por unha ducha. Todo por culpa da última película que viu, a do famoso transatlántico que ía a pique. Non pisará outra sala de cine na súa vida, aínda que proxecten un filme rodado no deserto almeriense; quen sabe, igual aparece un oasis cunha charca. Ademais non pode borrar da mente aquel camarote, casualmente co mesmo número cá súa casa. E o peor é que, desde que esborranchou o 115 da fachada converténdoo en 776, non lle chegan as cartas do banco. ¡Coa ilusión que lle facían…!




No volvió a subir a un barco; ni siquiera a una lancha de pedales. En realidad, nunca más fue capaz de acercarse al mar. Hasta se borró de la piscina municipal. Incluso está pensando en cambiar la bañera por una ducha. Todo por culpa de la última película que vio, la del famoso transatlántico que se iba a pique. No pisará otra sala de cine en su vida, aunque proyecten un filme rodado en el desierto almeriense; quién sabe, igual aparece un oasis con una charca.  Además no puede borrar de la mente aquel camarote, casualmente con el mismo número que su casa. Y lo peor es que, desde que pintarrajeó el 115 de la fachada convirtiéndolo en 776, no le llegan las cartas del banco. ¡Con la ilusión que le hacían…!

Creado para ENTC

No hay comentarios:

Publicar un comentario