14 jun 2013

POR UN EURO



Corrín, corrín, saltei,
non me matei de milagre.
¡O dono viña detrás
cun vergallo!
Eu fóralle ás cereixas
¿ou ás ameixas?
Non  sei, ó que atopei.
O caso era ir, e rubir,
e coller, e correr...
¡Ai iso si!
Eu non quería
porque sabía
o que viría detrás:
o dono, despois meu pai...
Pero Manolo,
o máis grande da escola,
que ten ben pouca cachola,
ofreceume un euro
por un pucho de cereixas.
¿Ou de ameixas?
Non me acordo.


Corrí, corrí, salté,
no me maté de milagro.
¡El dueño venía detrás
con un palo!
Le había cogido cerezas
(Imaxe baixada de internet)
¿ o ciruelas?
No lo sé,  lo que encontré.
El caso era ir, y subir
y coger, y correr...
¡Ay eso sí!
Yo no quería,
porque sabía
lo que vendría detrás:
el dueño, después mi padre...
Pero Manolo,
el más grande de la escuela,
que tiene poca cabeza,
me había ofrecido un euro
por un gorro de cerezas.
¿O ciruelas?
No me acuerdo.


4 comentarios:

  1. rascacheira29/6/13, 13:35

    Ai, pobre Manolo! Os Manolos sempre as levaban!!!

    ResponderEliminar
  2. Pobre de que! Bo peixe era, que metía ó pobre compañeiro pequeno en apuros para o seu proveito.

    ResponderEliminar
  3. Gústame a versión do pucho de cereixas e acórdome de Bernardino co vergallo detrás nosa por irlle ás cereixas no recreo da escola. Eu era pequena e pilloume e deume unha patada no cu. O peor de todo foi ese silencio temeroso de que o segredo escapase. Severino era un home moi serio e non debía enterarse...

    ResponderEliminar
  4. ¡Que tempos! Pero cala, muller, cala, non nos descubras... ;-)

    ResponderEliminar