2 nov 2012

PLACEBO



(A. Phalloides. Imaxe baixada de internet)
Chegou a xeada e, con ela, o final das escapadas ó monte. Xa sabe, por outros anos, en que orde se presentarán os síntomas: ansiedade, apatía, depresión… Tamén coñece a menciña: doses altas de fotografía micolóxica a toda cor. Primeiro, cada doce horas; despois, cada vez máis espazadas. Pero, sobre todo, halle axudar a seguridade do antídoto que garda no conxelador, por se acaso, entre boletus variados e lactarius deliciosus: unha fermosa amanita phalloides, en anacos, etiquetada en clave, lista para unha eventual recaída. Se soubese que a súa parella lla substitúe cada outono por unha citrina…




A. Citrina
Llegaron las heladas y, con ellas, el final de las escapadas al monte. Ya sabe, por otros años, en que orden se presentarán los síntomas: ansiedad, tristeza, apatía, depresión…También conoce la medicina: dosis altas de fotografía micológica a todo color. Al principio, cada doce horas; después, cada vez más espaciadas. Pero, sobre todo, le ayuda la seguridad del antídoto que guarda en el congelador, por si las moscas, entre boletus variados y lactarios deliciosus: una hermosa amanita phalloides troceada, etiquetada en clave, lista para una eventual recaída. Si supiera que su pareja la sustituye cada otoño por una citrina…

(Seleccionado e publicado no  Segundo Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE)

11 comentarios:

  1. Información para os profanos na materia, ja ja ja: a A. Phalloides é mortal de necesidade; a A. Citrina, non. Son da familia, parécense bastante e pódense confundir.

    ResponderEliminar
  2. Esta vez ya lo había entendido. Me parece que recurrir a la Phaloides sería excesivo, ¿no le iría mejor una cita en la Unidad de Conductas Adictivas?

    ResponderEliminar
  3. ¡Pois claro! Pero quedábame sen relato. :-) O tema era a micoloxía, e a Phalloides era a protagonista.

    ResponderEliminar
  4. Rascacheira8/11/12, 16:11

    A derradeira frase despístame... Como é?
    -Se soubese que a súa parella a substitúe... entón... tomaría a phaloides???
    Ou...
    -se soubese que o seu marido a substitue...!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Non sei se estás de coña ou de broma... É unha maneira de falar, quere dicir que non sabe o que fai a súa parella, ¡ai se o soubese!, armaríase unha boa, cando menos. ¿Vale así? :-)

    ResponderEliminar
  6. Mentres teñas alguén que che cambie a phalloides pola citrina penso que podes seguir tomando desa droga en doses altas. Se algún día non o fai, ¡¡CÓIDATE!!

    ResponderEliminar
  7. ¡Ei, que non era autobiográfico! ¿Por quen me tes? :-)

    ResponderEliminar
  8. ¿Por quen me tomas ti? Eu falaba co ser virtual.

    ResponderEliminar
  9. Xa quedo moito máis tranquila... :-)

    ResponderEliminar
  10. A fhalloides da imaxe, é idéntica a que vimos noutro día...!!

    Fíxaste no título??

    ResponderEliminar