Acabo de enterralo. Tería un mes cando o atopei chorando no xardín. Deille cariño, comida e berce. Chameille Bicho, pero non honrou o seu nome: compartía almorzo cos paxaros, as toupas minaban a horta tranquilamente e os ratos divertíanse xogando con el ás agachadas. Onte á noitiña, vendo onde se escondía un ratiño, collino no colo e aproximeino ó burato. O pobre roedor defendeuse cun berro estridente e o valente do meu gato fuxiu das miñas mans coma un lóstrego, arrepiado. O coche do veciño machucoulle de golpe as súas sete vidas. Síntome culpable.
Acabo de enterrarlo. Tendría un mes cuando lo encontré llorando en el jardín. Le di cariño, comida y cama. Lo llamé Bicho pero no hizo honor a su nombre: compartía el pienso con los pájaros, los topos minaban la finca a sus anchas y los ratones jugaban a esquivarlo. A noche, viendo donde se escondía un ratoncillo, lo llevé en brazos hasta él. Este salió chillando y mi valiente gato huyó despavorido. El coche del vecino le aplastó de golpe sus siete vidas. Me siento culpable.
¡Pobrecito!, es que hoy día no se puede ser tan bueno.
ResponderEliminarQue dis!?
ResponderEliminarA saber cantas vidas teria xa vencidas,si, dan peniña.
Todo mentira. Isto tamén é conto. Bueno, hai pinceladas reais: hai anos, recollemos un gatiño que andaba perdido polo xardín, tivemos un gato que se chamaba Bicho, tivemos outro que lle tiña medo ós ratos... Pero o da foto, a da foto, é Princesa e sigue viviña. Esta tampouco caza ratos, gústanlle máis os paxaros. Rascacheira, non leas isto... ja ja ja.
ResponderEliminarPOIS xa o lin!!!!!!!!!!!!!!! E non me gustou nada cando o lin, menos mal que leo agora estes comentarios e vexo que "teatrooo... la vida es puro teatroooo... !!!! MENOS MAL!!!
ResponderEliminar