22 jun 2012

O MEU GATO / MI GATO


Acabo de enterralo. Tería un mes cando o atopei chorando no xardín. Deille cariño, comida e berce. Chameille Bicho, pero non honrou o seu nome: compartía almorzo cos paxaros, as toupas minaban a horta tranquilamente e os ratos divertíanse xogando con el ás agachadas. Onte á noitiña, vendo onde se escondía un ratiño, collino no colo e aproximeino ó burato. O pobre roedor defendeuse cun berro estridente e o valente do meu gato fuxiu das miñas mans coma un lóstrego, arrepiado. O coche do veciño machucoulle de golpe as súas sete vidas. Síntome culpable.



Acabo de enterrarlo. Tendría un mes cuando lo encontré llorando en el jardín. Le di cariño, comida y cama. Lo llamé Bicho pero no hizo honor a su nombre: compartía el pienso con los pájaros, los topos minaban la finca a sus anchas y los ratones jugaban a esquivarlo. A noche,  viendo donde se escondía un ratoncillo, lo llevé en brazos hasta él.  Este salió chillando y mi valiente gato huyó despavorido. El coche del vecino le aplastó de golpe sus siete vidas. Me siento culpable.



4 comentarios:

  1. ¡Pobrecito!, es que hoy día no se puede ser tan bueno.

    ResponderEliminar
  2. suaseiras1/7/12, 0:58

    Que dis!?
    A saber cantas vidas teria xa vencidas,si, dan peniña.

    ResponderEliminar
  3. Todo mentira. Isto tamén é conto. Bueno, hai pinceladas reais: hai anos, recollemos un gatiño que andaba perdido polo xardín, tivemos un gato que se chamaba Bicho, tivemos outro que lle tiña medo ós ratos... Pero o da foto, a da foto, é Princesa e sigue viviña. Esta tampouco caza ratos, gústanlle máis os paxaros. Rascacheira, non leas isto... ja ja ja.

    ResponderEliminar
  4. POIS xa o lin!!!!!!!!!!!!!!! E non me gustou nada cando o lin, menos mal que leo agora estes comentarios e vexo que "teatrooo... la vida es puro teatroooo... !!!! MENOS MAL!!!

    ResponderEliminar