22 ene 2012

REMEMORANDO



Vacas. O río.
A xiada. Herba seca.
Lembro a infancia.




Vacas. El río.
Helada. Hierba seca.
Aquella infancia…

9 comentarios:

  1. Rascacheira22/1/12, 13:44

    A min os ríos tamén me traen lembranzas da infancia aínda que moitas veces asociados ao medo porque nós (ben, nós...nós... non, mellor os nosos irmáns máis vellos...)bañabámosnos nun embalse: negro, profundo, escuro...

    ResponderEliminar
  2. ¡Ai que medo!
    Eu bañábame case sempre aí mesmo, ó outro lado do illote ese que se ve na foto.

    ResponderEliminar
  3. Es un gran suerte haber vivido una infancia donde existía un río. Carencia de los niños de secano.

    ResponderEliminar
  4. Dou fe!!

    Oíno tantas veces (vai ser certo iso de que se se repite moito a mesma cousa, acabas por crela) que me parece a miña segunda infancia...Jajajaja

    ResponderEliminar
  5. O Canal,a Barcalesa...Creo que de todo iso, o río é o único que perdura no tempo como un recordo altamente positivo.

    ResponderEliminar
  6. Creo que me precipitei na resposta. IR ÓS AMORILLOTES, ENCONTRAR NIÑOS, SUBIR AS CERDEIRAS,APAÑAR LANDRAS NA CARBALLEIRA, ESCOITAR VILLANCICOS NO RADIO, COMER UVAS A FARTAR, ENCONTRAR NOCES ENTRE A HERBA, XOGAR Á MARIOLA NA EIRA, XOGAR ÁS CASAS CON RESTOS DE LOUZA, APOLICAR POLOS BALOS, ESCRIBIR NAS PAREDES, ARRECENDER O LIBRO NOVO DA ESCOLA, OLER AS "CELINDAS" POR MAIO...e sei que me quedo corta.

    ResponderEliminar
  7. ¡Ohhhh! ¡Que fermosura! ¡Cantas lembranzas! Pero non caben nun haiku...

    ResponderEliminar
  8. suaseiras2/4/12, 4:02

    Si que lle presta a convalecencia a Carnota, que son as "CELINDAS?

    ResponderEliminar
  9. so, iso..., ¿que son as celindas? ¿As que había no valo de Pura de Prado que íamos cortar para adornar a escola?

    ResponderEliminar