9 ene 2012

NEVADA ASTURIANA



(Imaxe baixada de internet)
Xa era fermoso
e pintouse de neve.
¡Guapo, Boal!






Ya era precioso
y se pintó de nieve.
¡Guapo, Boal!

5 comentarios:

  1. Boal é a terra dunha comentarista. A ver se se manifesta... :-)

    ResponderEliminar
  2. Home, supoño que será Rascacheiro, por algún comentario que fixo.
    Si que é chulo, Asturias é toda ela preciosa.

    Es Asturiana, Rascacheiro?, escribes moi ben o galego...Moi ben!!

    ResponderEliminar
  3. Son máis ben "arraiana", ou sexa da raia, como di un amigo meu: da Galicia irredenta, vamos...
    Si, Boal é un sitio guapo guapo guapo e esa neve en especial tráeme moitos recordos tamén moi guapos.
    Grazas, Madoé!

    ResponderEliminar
  4. Pero cantas voltiñas das para non confesar que es asturiana. :-) Se é doble mérito, muller: ser de fóra e falar e escribir moito mellor cá inmensa maioría de dentro. E, sobre todo, amar o galego e a Galicia como ti o fas.
    De nada, de nada...

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que non é que non queira confesar que son asturiana... é que non me considero tal, por iso non confeso. Cando estudaba en Oviedo era Begoña, a galega!!! E aquí resulta que vou ser Begoña, a asturiana??? jejeje... COMO LA VIDA MISMA!
    O certo é que nunca me identifiquei co carácter, cultura... etc. de Asturias. Non me custou nada adaptarme cando cheguei a Santiago a estudar. E a esta terra que é verdade que quero MOITO, cheguei polo motivo de sempre: por amor. E por amor a ela sigo nela.

    ResponderEliminar