8 dic 2011

MEL AMARGO / MIEL AMARGA

(Imaxe baixada de internet)



Buscou, entre as lembranzas, doce consolo. Pero só atopou sucedáneo feito paradoxo: lúa de mel, a súa primeira viaxe cara á amargura  actual. 






Buscó, entre los recuerdos, dulce consuelo. Pero sólo pudo hallar sucedáneo hecho paradoja: luna de miel, su primer viaje hacia la amargura actual.

7 comentarios:

  1. De nuevo un hiperbreve sobre el desamor, bien dice el clásico "luna de miel/luna de hiel".

    ResponderEliminar
  2. Rascacheira10/12/11, 18:02

    Nunca entenderei como se pode seguir vivindo nunha amargura tal, nin buscar consolo entre as lembranzas para só atopar unha lúa de mel-hiel!
    Que é o que impide fuxir, voar, escapar?
    Cabreáme a pasividade, o non reaccionar, o apalancar...

    ResponderEliminar
  3. Que guerreira vés!!! :-) Pois anque non estou de acordo con esa actitude, por suposto, eu si creo que a dou entendido. Para escribir cousas que non vives nin de cerca, hai que poñerse na pel do outro, non hai outra maneira.

    ResponderEliminar
  4. Temos un dito por aí que di:se non che gusta o que tes cambio, si non o queres cambiar, non te queixes.

    Parece moi doado dicilo....

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡Exacto!!! Parece moi doado dicilo...

    Creo que xa podes ir empezando a escribir microrrelatos. :-)

    ResponderEliminar
  6. Eu penso que é unha cuestión de física: de forza, de enerxía e de movemento. Para saír dunha situación paralizante é preciso superar a forza da gravidade que nos ancora ao chan. Para isto precisamos unha enerxía "centrífuga", que se cadra non temos.
    Para xerar esta enerxía precisamos movemento. ¿Cal é a clave, pois? Bailar, bailar, bailar.
    Parece unha frivolidade pero non o é tanto. UNS MINUTOS DE REFLEXIÓN.

    ResponderEliminar
  7. Parece que che prestaron as uvas!!! Que profunda, que filosófica, que maneira de asoballar...
    Tardas en aparecer, pero cando o fas, das as campanadas. :-)

    ResponderEliminar