12 oct 2011

UN MÁIS UN NON SON DOUS/ UNO MÁS UNO NO SON DOS

Non sei se te amo ou me queres;
se me adoras ou te aprecio.
Tampouco sei se me atraes;
ou se aínda me desexas.

Pero sabes
que se te vas, non respiro;
que se penso, penso en ti;
que nacín cando chegaches
e morro cando me faltas.

E sabemos
que nos mantemos unidos
co fío da liberdade.
Que por vías paralelas
camiñamos abrazados.



(Imaxe baixada de internet)
No sé si te amo o me quieres;
si me adoras o te aprecio.
Tampoco sé si me atraes;
o si tú aún me deseas.

Pero sabes
que si te vas, no respiro;
que si pienso, pienso en ti;
que nací cuando llegaste
y muero cuando me faltas.

Y sabemos
que perduramos unidos
con hilos de libertad.
Que por vías paralelas
caminamos abrazados.

6 comentarios:

  1. Rascacheira12/10/11, 21:50

    O recitado: impecable, coma sempre!
    O que máis me gusta son eses dous versos: QUE NOS MANTEMOS UNIDOS
    CO FÍO DA LIBERDADE.
    Iso si que me soa realmente a amor!
    Non?

    ResponderEliminar
  2. El poema tiene el ritmo de la lanzadera creando el delicado tejido del amor "con hilos de libertad".

    ResponderEliminar
  3. Xa vexo que teño en Rascacheira unha fan incondicional do recitado. Estou encantada.
    E vexo que coincidides as dúas citando o mesmo verso. Igual é o único bo do poema...:-)
    Unha metáfora preciosa, Eutimos.

    ResponderEliminar
  4. Moi blanco todo...Non?

    ResponderEliminar
  5. Jajajaja...tes razón, non quería chegar tan lonxe.

    ResponderEliminar