6 nov 2011

PASEO CARA Ó OUTRO MUNDO / PASEO HACIA EL MÁS ALLÁ

(Imaxe baixada de internet)
Cunha man agarran cadanseu caxato. Coa outra, apóianse un no outro. Coa ansia de seguir xuntos, adhírense á vida, que intenta despegalos a forza de golpes. Cando o primeiro se solte, o segundo caerá. E mentres agardan, camiñan, lentamente camiñan.


Con una mano, se agarran a sus respectivos bastones. Con la otra, se apoyan entre sí. Con el ansia de seguir juntos, se adhieren a la vida, que intenta despegarlos a fuerza de golpes. Cuando el primero se suelte, el segundo caerá. Y mientras esperan, caminan, lentamente caminan.

(Relato seleccionado para formar parte do libriño titulado BOCADOS SABROSOS, resultado do I Concurso de Microrrelatos ACEN)

7 comentarios:

  1. Rascacheira6/11/11, 13:26

    Sóame... Conta, conta, conta que por este che deron un PREMIO! Hala!

    ResponderEliminar
  2. ¡Pero se xa está posto no fondo da entrada! Non me les... :-) Bueno, premio, premio..., non. Pero como se fose.

    ResponderEliminar
  3. suaseiras8/11/11, 1:36

    BOCADOS SABROSOS, NORABOA!!

    ResponderEliminar
  4. Grazas. Non digo máis porque teño a boca chea e é de mala educación falar mentres se come. :-)

    ResponderEliminar
  5. suaseiras9/11/11, 0:58

    Chea de que? de macrolepiotas?

    ResponderEliminar
  6. Ja ja ja. Chea de BOCADOS SABROSOS, de macrolepiotas, por exemplo, si...

    ResponderEliminar
  7. Es hermoso llegar al final de la vida apoyándose en el compañero/a. Y es natural emprender juntos el camino al otro mundo.

    ResponderEliminar