POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
11 comentarios:
"frágil coral de tierra",me encanta esta metáfora
Encántame que che guste, tamén é o meu verso preferido. E precisamente a metáfora invalida o haiku, pero como a min me gusta, permítome a licencia, chámolle "haiku á galega" e quedo tan ancha. :-)
Ya he buscado la definición de haiku en internet. ¡Tan simples y escuetos! Creo que al no ser orientales nos fluyen las metáforas, es otra forma de entender el mundo, la belleza y el arte
Bonitiiiisimo haikus!!
A miña xoaniña (que nome mais bonito)
preciosa, que mal lle estaremos facendo, que cada vez vense menos.
Eu sei dunha que debe estar encantada de que gusten estes enxendros de haiku, pola parte que lle toca. A ver se se dá por aludida...
A xoaniña... ¿Como non vai escasear sendo unha xoia nestes tempos de crise?.:-) e por riba, fráxil...
Ela é fráxil e nós na sabemos protexer, a pesar de que só nos fai ben. Polo menos ten alguén que escribe bonito sobre ela.
Hala, hala...¡ ¡Que bonito che quedou!
Pois si, encántame que vos encanten estes preciosos haikus editianos. E que bonito quedou este da xoaniña, que animaliño tan precioso e doce.
¡Apareceu a aludida! :-)
Aludida???????????? Ía por min???
:-)
Non me percataraaaaaaaaaaa...
Xa, non se notou nada, nada, nada. :-)
Publicar un comentario