3 jun 2011

MAPOULA


No trigo verde
moitas mapoulas viven
coma princesas.

Sempre me sinto
coma trigo vermello,
mapoula verde.


(Imaxe baixada de internet)

En trigo verde
las amapolas viven
como princesas.


Siempre me siento
como trigo rojo,
amapola verde.

6 comentarios:

  1. suaseiras5/6/11, 22:59

    Canto tempo fai que non vexo un campo de mapoulas, é todo un espectáculo!!

    ResponderEliminar
  2. Xusto, un precioso espectáculo. A primeira vez que vin un coma o da foto, foi camiño de Madrid un maio de hai mil anos. Viaxe en 600, cinco mulleres, bocadillo ó pé do trigo... Nunca o borrei da memoria.

    ResponderEliminar
  3. Rascacheira6/6/11, 21:05

    Bonita viaxe debeu ser! Pois eu recordo outra, pero esta co meu pai. Viñamos de Salamanca, a súa "patria chica", e paramos a comer un "hornazo". Tamén nos rodearon as mapoulas, espectaculares! E tampouco a borrei da memoria.

    ResponderEliminar
  4. Bueno, eu tamén viña. Cando fomos, fíxose noite e non paramos nos trigais.
    A viaxe, fermosa, fermosa..., non sei se foi, pero inolvidable si.
    Salamanca...¡que fermosa cidade! ¿E que é un "hornazo"?

    ResponderEliminar
  5. Rascacheira7/6/11, 23:12

    Si, Salamanca é ESPECTACULAR! Eu fun moitos veráns, de nena. Cando me fun facendo maior, xa me "liberei" e andaba polo mundo adiante, sen pais... Pois... un hornazo é unha especie de empanada con lomo, ovo cocido, chourizo ibérico... e cun pan!!!! Cun pan castelán de primeira. Das comidas da zona sempre foi o que máis me gustou, ademais do farinato. Non deixes de probalo se te achegas por alí.

    ResponderEliminar
  6. Pois xa me tarda probalo; e co lixeiriño que parece, anque sexa á noite...

    ResponderEliminar