No trigo verde
moitas mapoulas viven
coma princesas.
Sempre me sinto
coma trigo vermello,
mapoula verde.
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
En trigo verde
las amapolas viven
como princesas.
Siempre me siento
como trigo rojo,
amapola verde.
Canto tempo fai que non vexo un campo de mapoulas, é todo un espectáculo!!
ResponderEliminarXusto, un precioso espectáculo. A primeira vez que vin un coma o da foto, foi camiño de Madrid un maio de hai mil anos. Viaxe en 600, cinco mulleres, bocadillo ó pé do trigo... Nunca o borrei da memoria.
ResponderEliminarBonita viaxe debeu ser! Pois eu recordo outra, pero esta co meu pai. Viñamos de Salamanca, a súa "patria chica", e paramos a comer un "hornazo". Tamén nos rodearon as mapoulas, espectaculares! E tampouco a borrei da memoria.
ResponderEliminarBueno, eu tamén viña. Cando fomos, fíxose noite e non paramos nos trigais.
ResponderEliminarA viaxe, fermosa, fermosa..., non sei se foi, pero inolvidable si.
Salamanca...¡que fermosa cidade! ¿E que é un "hornazo"?
Si, Salamanca é ESPECTACULAR! Eu fun moitos veráns, de nena. Cando me fun facendo maior, xa me "liberei" e andaba polo mundo adiante, sen pais... Pois... un hornazo é unha especie de empanada con lomo, ovo cocido, chourizo ibérico... e cun pan!!!! Cun pan castelán de primeira. Das comidas da zona sempre foi o que máis me gustou, ademais do farinato. Non deixes de probalo se te achegas por alí.
ResponderEliminarPois xa me tarda probalo; e co lixeiriño que parece, anque sexa á noite...
ResponderEliminar