2 feb 2011

NABAL



Doce amargura.
Grelos. Esencia verde
da terra meiga.



Dulce amargura.
Grelos. Esencia verde
de tierra meiga. 


23 comentarios:

  1. Rascacheira3/2/11, 20:57

    Das cousas máis ricas que ten o campo, para min... E do mar... o polbo!!! Ummmmmmmmhhhhhhhhhhhhh...(será que teño fame???)

    ResponderEliminar
  2. Mmm, sinto discrepar neste asunto pero seguen resistíndoseme.

    Ademais cando a velliña solta un día no medio da comida con toda a sinceridade: "a verdade, non sei quen inventou isto de comer os grelos, porque mira que saben mal!" pois non axuda a crear un clima de confianza...jaja

    ResponderEliminar
  3. ¡Que sorpresa e que alegría verte por aquí, Lucía! Aínda que sexa para criticar os pobres grelos... Entre nós, agora que ninguén nos ve: a min gústanme moito máis na leira ca no prato. :-)

    ResponderEliminar
  4. Rascacheira6/2/11, 11:02

    Arre, demo!!! Nunca pensei escoitar estas cousas nesta terra meiga!!!

    ResponderEliminar
  5. Pois creo que che lein todo, entro con relativa frecuencia pero nunca comento...pero cando vin o dos grelos, e xusto ese dia os habia para comer, non me puiden resistir a comentar.

    Eres unha artista. Un bico

    ResponderEliminar
  6. suaseiras6/2/11, 23:31

    O grelo!!
    Para min, o rei da verdura aquï e no resto do mundo.
    Lucia, un dia (prometo) teño que convidarte a unha boa grelada, verás!.
    Madoé, a imaxe é boiiiiiiiisima,doce amargura, claro, a xente nova...come se come eso!?

    ResponderEliminar
  7. Lucía, graciñas polo piropo. Xa sabes que as primeiras entradas non caben na páxina principal, pero é fácil acceder a elas. Tamén saberás que algunhas, ademais de lelas, pódelas escoitar. E comenta, comenta canto queiras, non te prives :-)
    Suaseiras, a ver esa grelada..., ben acompañada doutras cousiñas aínda que non sexan da horta :-) Os grelos póñoos eu.

    ResponderEliminar
  8. suaseiras9/2/11, 2:08

    Pois vai!!
    Para todos e todas do blob que se anoten no haikus do nabal.
    MES FEBREIRO....dia a concretar.

    ResponderEliminar
  9. :-) A ver se non me van chegar os grelos para TANTA xente...

    ResponderEliminar
  10. Hai tempo que non me entran os comentarios pero vendo que me quedo sen a grelada insisto, insisto...
    Os grelos saben ben de por si, e os chourizos, e o lacón...¡Todo che é unha colestoralada!Nin unha leira de nabizas da contrarrestado os efectos dun bo prato á galega.

    ResponderEliminar
  11. Nunca pensei que unha leiriña de nabizas dera para tanto. Ata recuperei a Carnota como comentarista. Valeu a pena.

    ResponderEliminar
  12. suaseiras13/2/11, 2:28

    Estás nun pequeno erro, Carnota.
    Según os especialistas estes de nutrición,(artigo da prensa)que a dieta
    galega(grelos+chourizo+xamón+empanada+polbo+licor de cereixas+...etc.etc.)
    que non ten nada que envidiar á tan cantada dieta mediterránea(que se supón que é moi sa, pero non se sabe moito de que vai).
    Que si....igual nos pasamos na cantidade.Está tan bo...todo!!

    ResponderEliminar
  13. Amor de madre, suaseiras.

    ResponderEliminar
  14. suaseiras17/2/11, 2:36

    Ja,ja ja...Sabíao!!

    ResponderEliminar
  15. Case me apunto á grelada, a ese manxar de dioses galegos (polo menos)
    Digo case, porque non sei o día, nin hora nin lugar.
    Como se acaba febreiro....

    ResponderEliminar
  16. Pois vai haber que falar con suaseiras, que foi a da idea :-)
    Febreiro remata, pero a lista non é moi longa que digamos...

    ResponderEliminar
  17. Que ilusión, Nandina!!
    Pois si, remata febreiro pero, queda marzo, abril, maio...
    Non, en serio imos a polo lo día, que se acaban os grelos e as ghanas jajajajaja.
    Que vos parece, luns ou martes de entroido? (7 ou 8 de marzo).
    Xa me contaredes.

    ResponderEliminar
  18. Sinto Suaseiras, outra vez será.... Grazas polo invite.
    Por curiosidade, onde vives?

    ResponderEliminar
  19. suaseiras26/2/11, 0:30

    Entendo que non che vai ben ningún dos días, que mágoa nandina.
    Comentaba Madoé, que a lista non é moi longa... VAI EN SERIO O DA GRELADA, EH!!
    Vivo en Suaseiras, Concello da Estrada,(Pontevedra).
    Como vos queda de man??

    ResponderEliminar
  20. Home..., a min... digamos que non me cadra en camiño. Pero se a lista medra...
    (Esta é a proba do algodón: agora vou saber canta xente le isto. Se non hai voluntarios para comer..., mal vai a cousa ...jajajaja)

    ResponderEliminar
  21. suaseiras30/3/11, 1:57

    A grelada estivo de p.m.
    As filloas tamén.
    Mais información:..., istiverades jajaja.

    Biquiños a Nandina que non puido vir e a Madoé que non lle medrou a lista.

    ResponderEliminar