8 feb 2011

COS PÉS NO CHAN / CON LOS PIES EN EL SUELO


(Imaxe baixada de internet)
Onte,
pendureime do aire
por sentirme levitando
sobre temores e penas.

Os fíos que me sostiñan,
feitos de sinxelas verbas,
racharon axiña.

Hoxe,
esnafrada e doente,
xazo enterrada en vida
no lodo da realidade.

Ayer,
me colgué del aire
por sentirme levitando
sobre temores y penas.

Los hilos que me aguantaban
hechos de simples palabras
se rasgaron pronto.

Hoy,
estrellada y doliente
yazco enterrada en vida
en el fango realidad.

6 comentarios:

  1. suaseiras9/2/11, 2:33

    ......Un asunto escabroso!!. (tes que mirar eso)

    ResponderEliminar
  2. Terei... Pero mentres, o que fixen foi conseguir fíos novos e pendurarme outra vez. Ata que os fíos aguanten...

    ResponderEliminar
  3. Rascacheira10/2/11, 15:21

    Xa che daría que buscar esa imaxe ata dar con ela! Acáelle como anel ao dedo!!!!!!!!!!!!!! PUFFF...!!!

    ResponderEliminar
  4. Pois si. Tardei días. Non atopaba nada que me enchese o ollo. Cando dei con ela, non tiven dúbida. Non me canso de vela, encántame.

    ResponderEliminar
  5. A imaxe é bestial. Parece deseñada para a ocasión. Para min, forte demais. Eu son máis de flores e paxariños; non obstante, sei apreciar a beleza cando a vexo, aínda que teña un matiz diferente ao que busco.

    ResponderEliminar
  6. Parece que hai unanimidade (eu incluída): a imaxe é o mellor do poema. :-)

    ResponderEliminar