16 ene 2011

CONFUSIÓN



(Imaxe baixada de internet)
Enreda a morte
confundindo as obrigas
coas lembranzas.
Búrlase da nai miña.
E crávame o futuro.




Juega la muerte
confundiendo deberes
con añoranzas.
Se burla de mi madre.
Y me clava el futuro.

8 comentarios:

  1. Rascacheira18/1/11, 19:55

    Ai, o inexorable paso do tempo... Manuel Antonio dicía:

    Fomos quedando sós.
    O mar, o barco e mais nós.

    ResponderEliminar
  2. suaseiras27/1/11, 1:04

    A morte...
    non enreda, nin confunde nin se burla de nada nin de ninguén.
    É a vida, Madoé, a que da pé a toda ésta confusión.

    ResponderEliminar
  3. Si, é a vida, tes razón; pero a morte forma parte da vida, unha parte moi importante. Desde o mesmo momento do nacemento, emprendemos o camiño cara a ela. Uns toman atallos e chegan axiña; outros van pola ruta máis longa; e hainos que se perden e andan dando voltas darredor da meta, mentres ela se ri a gargalladas.

    ResponderEliminar
  4. Ti mandas, es a autora desta confusión.

    ResponderEliminar
  5. Rascacheira29/1/11, 14:40

    Estou de acordo con Suaseiras. Só é a vida a que manda, a vida a que confunde, a vida a que nos leva a un lado e outro. A morte só está á espera, agazapada como un gato á espera do furonciño do tobo...

    ResponderEliminar
  6. ¡Hala, agora compinchadas contra min! Aínda habedes querer que vos dea a razón...
    Bueeeeno, vaaaaale, de acooordo....
    ¿Contentas? :-)

    ResponderEliminar
  7. suaseiras30/1/11, 4:01

    Ja,ja,ja....
    Eu tamén estou un pouco contigo, muller, pero...en contra dos xens, gustariame ver (sentir)a morte como mais dulce.
    Mmhhh...grazas Rascacheiras.

    ResponderEliminar