20 nov 2010

VENTO / VIENTO

(Imaxe baixada de internet)

O vento funga.
Renxen as pólas vellas
dos castiñeiros.


O vento dorme.
Quedou tan esgotado
de facer mal…




El viento silba.
Crujen las ramas viejas
de los castaños.


El viento duerme.
Quedó tan agotado
de maltratar...

6 comentarios:

  1. rascacheira22/11/10, 20:48

    Os castiñeiros!!! Eses si que son árbores! Serios, elegantes, fachendosos, que se visten e desvisten de diversas cores coas estacións... e por riba, cando tes un cestiño cheo dos seus froitos, non se poñen chulos, nin tontos. Danche o que teñen sen falsidades. Eses si que non árbores!

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, cando tes os froitos no cesto, xa non; pero antes... ¡como magoan, como pican!

    ResponderEliminar
  3. Hoxe xa e outro dia.
    Outro dia para aprender cousas novas.
    Outro día para desaprender o que aprendimos onte, que desaprenderemos mañán, o mellor.

    ResponderEliminar
  4. Suaseiras,a santo de que ben o conto!?

    O tema vai de castiñeiros.
    Árbores embruxadas que bailan o son do vento.
    Vento que se excita cas súas roupas que caen o chan, quedando ámbolos dous esgotados.

    ResponderEliminar
  5. suaseiras9/12/10, 2:14

    Que sí Caslo, que andaba ós mixillóns.
    E ti...queres facerlle competencia a Madoé?

    ResponderEliminar