5 oct 2010

ADOPCIÓN




Nunca outras fillas da noite
(Imaxe baixada de internet)
tiveron mellores pais.
Nunca  pais que non o son 
quixeron tanto a unhas fillas.
Nunca as fillas saberán
canto foron desexadas.
Nunca  color tan escuro
fixo brillar a esperanza.
Nunca dous anos de loita
foron tan longa distancia.
Nunca vira tan de cerca
un embarazo nas almas.
Nunca é tarde. Tarde, nunca.





Nunca hermanas de la noche
tuvieron mejores padres.
Nunca padres que no son
quisieron tanto a unas hijas.
Nunca esas hijas sabrán
cuanto fueron deseadas.
Nunca color tan oscura
hizo brillar la esperanza.
Nunca dos años de lucha
fueron tan larga distancia.
Nunca he visto tan de cerca
un embarazo en el alma.


6 comentarios:

  1. Esta si que xa destila cargas positivas. Gústame

    ResponderEliminar
  2. É baseada na realidade, nunha realidade próxima.

    ResponderEliminar
  3. Coñezo varios casos de adopción e todos os pais, veñan de onde veñan os fillos, aseguran e afirman o moito que se parecen os recén chegados a eles. E o máis curioso é que se acaban parecendo. Debe ser o amor, que sempre fixo miragres...

    ResponderEliminar
  4. Xa mo parecía

    ResponderEliminar
  5. Esta é a miña preferida...que me pon os pelos de punta.
    Noraboa Madoé.

    ResponderEliminar