22 sept 2010

PRANTO / LLANTO

Cando intuía ver luz                                                 recitado
e nun intre xa é de noite,
cristalizan en espiñas
as inútiles bágoas.
 
E choro cara a dentro.  

(Imaxe baixada de internet)
Cando esperando un sinal
chega outro día máis gris,
o futuro xa é pasado
disfrazado de presente. 

E sigo a chorar dentro.

Cando afogo de impotencia
e de cósmica inxustiza,
a negra desesperanza
trócase dor e xenreira. 

Rexeito chorar dentro. 

Desexo morrer de pena,
inmolarme en sacrificio
a eses deuses que non creo
por vingarse no meu fillo. 

Pero choro por dentro.


Cuando intuía ver luz
y al instante ya es de noche,
cristalizan en espinas
las inútiles lágrimas.

Y lloro hacia dentro.

Cuando esperando señales
llega otro día más gris,
el futuro ya es pasado
disfrazado de presente.

Y sigo llorando dentro.

 Cuando asfixio de impotencia
y de cósmica injusticia,
la negra desesperanza
se vuelve dolor y odio.

 Rechazo llorar dentro.

Deseo morir de pena,
inmolarme en sacrificio
a eses dioses que no creo
por vengarse en nuestro hijo.

 Pero lloro por dentro.

15 sept 2010

HORTENSIAS


Ano de hortensias.
Ceo azul e violeta
a ras de chan.




Año de hortensias.
Cielo azul y violeta
a ras de suelo.

11 sept 2010

MOZAÉ E VELLAÉ / MOZAÉ Y VELLAÉ

Había unha vez unha flor que medraba vizosa grazas ós coidados de Mozaé e Vellaé. Fertilizábana con doses altas de respecto, cariño e admiración; e regábana con sorrisos e bágoas, ou viceversa.
Pasou o tempo e Mozaé foi descoidando o cultivo da flor, e esta deixou de medrar. Vellaé esforzábase por mantela fermosa entreténdoa con contos e ilusións. Pero a planta cada vez estaba máis apagada.
Un bo día, cando Vellaé xa perdera todas as esperanzas, incluída a de reserva, e xa se preparaba para o peor, apareceu de novo Mozaé con dous chorriños de ¡ola!, e a murcha flor estirou unha folliña. Vellaé alegrouse, pero non se fía...



Había una vez una flor que crecía lozana gracias a los cuidados de Mozaé y Vellaé. La abonaban con dosis altas de respeto, cariño y admiración; y la regaban con sonrisas y lágrimas, o viceversa.
Pasó el tiempo y Mozaé fue descuidando el cultivo de la flor, y ésta dejó de crecer. Vellaé se esforzó por mantenerla hermosa y la entretenía con cuentos e ilusiones. Pero la planta cada vez estaba más apagada.
Un buen día, cuando Vellaé ya había perdido todas las esperanzas, incluida la de reserva, y ya se preparaba para lo peor, apareció de nuevo Mozaé con dos chorritos de ¡hola!, y la mustia flor estiró una hojita.  Vellaé se alegró, pero no se fía...

5 sept 2010

LEVITACIÓN

(Imaxe baixada de internet)



Soñando, cada noite, levitaba sobre os seus problemas coma ingrávido astronauta. Contan que un día, tanto se elevou, que non puido descender. E desde aquela, vive na súa Lúa particular.



Soñando, cada noche, levitaba sobre sus problemas como ingrávido astronauta. Cuentan que un día, tanto se elevó, que no pudo descender. Y desde entonces, vive en su Luna particular.

2 sept 2010

FIGUEIRA / HIGUERA


Figueira doce,
cobres con mans de follas
os fillos lampos.




Higuera dulce,
cubres con manos hojas
hijos imberbes.